Friday 17 de May de 2024

Medio ambiente colaborará co CEIDA para divulgar o patrimonio xeolóxico de Galicia


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avoga por aproveitar o potencial deste patrimonio, que garda unha estreita relación coas tradicións, as crenzas e o patrimonio histórico-artístico

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (CEIDA) na organización dunha xornadas sobre o patrimonio xeolóxico, co fin de identificar a riqueza xeolóxica de Galicia e axudar a enfocar a conservación e divulgación do mesmo.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, participou esta mañá na reunión do Consello de Dirección do Ceida, onde están representados a Consellería de Medio Ambiente, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros. A responsable de Medio Ambiente destacou que hai que aproveitar o potencial que ten este patrimonio que, normalmente, grada unha estreita relación co patrimonio histórico-artístico, coas tradicións, crenzas e incluso son un signo de identidade local.

Mato Otero mostrouse convencida de que -ao igual que se divulga e se da a coñecer o patrimonio natural- poñer en valor a riqueza e o patrimonio xeolóxico será a mellor das ferramentas para conservalo e protexelo e permitir que estes elementos na nosa contorna segan a ser as paisaxes que fan de Galicia un lugar único e máxico.

A conselleira trasladou o apoio e colaboración do departamento que dirixe noutras actividades relacionadas co coidado do medio ambiente e a conservación, como é a segunda edición das Xornadas Internacional de Educación Ambiental, a dinamización da Rede Galega de Reservas da Biosfera, ou as exposición itinerantes que adoitan a organizarse no Ceida.

Tamén destacou as accións de divulgación, información e sensibilización sobre os espazos naturais protexidos que existen na comunidade autónoma, polo que se organizará unha nova xornada de traballo en colaboración coa Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).